O proxecto Portomariñeando, financiado con fondos NextGeneration da Unión Europea (subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura) busca dinamizar o tecido cultural da comarca e recuperar o patrimonio cultural inmaterial da zona. Para tal fin deseñáronse dúas accións que vertebran o proxecto:
-EN INTINERANCIA: a Asociación Cultural Río Miño está a percorrer tódalas parroquias do Concello de Portomarín e a propia vila con actuacións tódolos domingos (baile e música tradicional).
-LIBROS LIBRES: a Casa Sindical alberga a nova sala especializada en Literatura Infantil e Xuvenil e un salón de actos, espazos nos que se están desenvolvendo actividades culturais moi variadas: contacontos, clubs de lectura, xornadas cinematográficas, poesía e tik toks, artes escénicas, etc. Tamén se está procedendo á catalogación dos fondos bibliográficos de literatura infantil e xuvenil que tiña a antiga biblioteca do concello.
Estas accións teñen unha perspectiva interxeracional (poden participan nelas xente de tódalas edades) e inclusiva (o material co que se traballa conta con accesibilidade: subtitulado para persoas xordas, audiodescrición para personas cegas e lectura sinxela para persoas con discapacidade cognitiva ou dificultades de comprensión lectora) e aproveitan que o Concello de Portomarín está nun lugar privilexiado do Camiño de Santiago, o que permite un rico intercambio cultural con persoas vidas de todo o mundo.